Presentación en Muxía de Slow Food Galicia

Publicado en Noticias
0

Expertos galegos e vascos analizarán este movemento mundial en Casa de Trillo ·· O alcalde de Lekeitio exporá o que significa unha ‘Cidade Slow’.

Bo, limpo e xusto. Estas son as premisas do movemento mundial Slow Food, nado en 1986 na cidade italiana de Bra, da man do periodista Carlo Petrini, no seu afán de loita contra a comida rápida. O videiro día 18 deste mes, o establecemento de turismo rural Casa de Trillo, en Muxía, acollerá a presentación de Slow Food Galicia, que se sumará aos restantes dazasete conviviums existentes en España. Na actualidade, esta filosofía agrupa a unhas 80.000 personas de 104 países, dispersos polos cinco continentes.

A xornada, enmarcada no ciclo cultural anual Encontros na Casa de Trillo, dará comezo ás catro da tarde con unha mesa redonda, na que abordaranse distintos aspectos desta corrente: produción agraria, gastronomía, ou o que significa para o turismo e para os seus propios cidadáns que un pobo sexa recoñecido como Slow. Integrarán dita mesa redonda Carmen Pita, xerente de Turgalicia; Félix Porto, alcalde de Muxía; Miguel Vila, crítico gastronómico; José Antonio Carril, presidente da Asociación Galega do Porco Celta; Antonio García Allut, antropólogo e membro de Slow Food, e José María Cazalis, alcalde do pobo vasco de Lekeitio, Cidade Slow, duns 7.500 habitantes, que no vran se convirten en 15.000.

Deja tu comentario con

Escribe un comentario

Todos los campos con * son obligatorios.

*

Loading Facebook Comments ...